CRTVG

Buscar

Nafti busca a terceira vitoria consecutiva coa dúbida de Gerard Valentín

Publicado o 24/10/2020 09:33

O Lugo está nun momento doce tras vencer nos últimos dous partidos a Castelló e Xirona. Dúas vitorias con Mehdi Nafti no banco que levan o equipo ata unha duodécima posición máis tranquila.

O tunisiano está contento co traballo defensivo (cero goles encaixados nos dous partidos), pero quere que os seus xogadores sexan máis ambiciosos co coiro nos pés.

A dúbida para Nafti é se Gerard Valentín se vai dar recuperado da escordadura que sufriu no último partido despois dunha entrada salvaxe de Lugo. Os que non ewntraron na convocatoria son Manu Barreiro e Iriome. que seguen mancados. 
 

Noticias web

24/10/2020