Nafti, amolado cos árbitros: "Están pasando cousas que eu non podo controlar"
Publicado o 22/02/2021 20:37
O Lugo iguala a marca de expulsións nunha liga, e quedan aínda dezaseis xornadas. A de Hugo Rama é a oitava desta campaña, a segunda do xogador de Sigüeiro. O curioso é que Rama entrou no segundo tempo en lugar de Pita, que xa tiña amarela, e en apenas 20 minutos Rama recibiu dous cartóns.
Tamén se queixa o Lugo dos penaltis, asubiáronlle cinco en contra no que vai de campionato. Tres nos útlimos catro partidos. Nafti, cos árbitros na diana, prefire falar de cousas incontrolables.
Máis sobre actualidade
08/03/2021 12:57
08/03/2021 12:56