Nafti: "O Lugo fixo co Español a mellor primeira parte dende que estou aquí"
Tan bo partido fixo o Lugo que marchou amolado logo de empatar cun dos claros candidatos ao ascenso.
A posta en escena non puido ser mellor. Ante o Español apareceu un gran Lugo; non só marcou, senón que dominou o partido nos primeiros 45 minutos.
"Para min o equipo fixo a mellor primeira parte dende que estou aquí".
Pero o enorme potencial do Español acabou por se impoñer. Javi Pulido fixo unha gran xogada persoal e Raúl de Tomás remachou.
Sabiamos o que tiñamos enfronte, un rival moi difícil, con moitísima calidade, de metade de campo para adiante moi moi bo. E o equipo deu a cara.
Peor se puxeron as cousas cando Djaló foi expulsado polo colexiado Ortiz Arias, cuxa actitude non lle gustou a ninguén no Anxo Carro.
Nin iso pode embazar unha xornada en que o Lugo aguantou un dos grandes e mesmo puido sacar máis.