Nadal gaña a Del potro nun partido memorable en Wimbledon
Cuartos de final. Cinco sets. Unha batalla para a historia e unha imaxe para o recordo. Con Del Potro no chan, Nadal acode a darlle unha aperta. A imaxe é un regalo. Un regalo para os afeccionados máis novos e para o deporte en xeral.
Antes, Nadal regalou na catedral do tenis estroutra iimaxe. O seu afán por pelexar cada bola, acabou con Rafa enriba dos afeccionados que presenciaban o partido en primeira liña.
Nin en pleno esforzo. Rafa perde a simpatía.
Foi un preludio dunha batalla que se prolongou durante case 5 horas. Nadal gañou o primeiro set, construíndo movendo a Del Potro, monstrándose sólido no fondo da pista.
Na segunda manga espertou o xigante de Tandil. Con 33 saques dereitos e unha dereita plana imparable. Del Potro dáballe a volta ao partido, gañando as dúas seguintes mangas.
Nadal estaba contras cordas. Era o momento de atopar solucións.
Quedará para a posteridade unha quinta manga sublime. Para Murray, comentarista na BBC, o mellor set que viu en moitos anos. Rafa levou a Del Potro ao límite logrando unha vitoria épica que se completou cun xesto cómplice que engrande ainda máis a Nadal.
Agora agarda Novak Djokovic. O 18º Grand Slam está a só dous partidos.
Federer malgasta unha vantaxe de dous sets ante Anderson
A sorpresa da xornada deuna Roger Federer ao caer eliminado ante Kevin Anderson, quen se clasifica por primeira vez para a penúltima rolda deste Gran Slam. O surafricano remontou dous sets e unha bóla de partido e despachou o suízo no quinto set, nun duelo de catro horas e 14 minutos. Anderson medirase en semifinais co estadounidense John Isner.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí