CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Nadal retírase por lesión da Copa dos Mestres de Londres

Publicado o 14/11/2017 15:21

En tenis, unha mágoa, Rafa Nadal non poderá seguir disputando a Copa dos Mestres. O seu xeonllo dixo basta.

Nadal perdeu no primeiro partido ante o belga Goffin en tres sets 7-6 , 6-7 e 6-4. O número un do mundo sentiu molestias e aínda que foi competitivo ata o final, finalmente, tras consumarse a derrota decidiu abandonar a competición. O seu lugar vaino ocupar o asturiano Pablo Carreño. Agora Nadal terá un merecido descanso. O de onte foi o útimo partido da temporada para o número 1.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí