CRTVG

Buscar

Rafa Nadal agranda a súa lenda tras gañar o seu décimo noveno Gran Slam

Publicado o 09/09/2019 09:38

• O tenista mallorquino precisou 4 horas e 51 minutos de partido para dobregar o ruso Medvedev no quinto e definitivo set

Rafa Nadal segue facendo historia. Esta madrugada, en Nova York, gañou o seu décimo noveno Grand Slam.

Este era o intre en que Nadal erguía o título de campión, o seu cuarto título no Aberto dos Estados Unidos. A final ante o ruso Medvedev foi durísima. Nadal precisou 4 horas e 51 minutos de partido para dobregar o tenista ruso no quinto e definitivo set.

Con esta vitoria, Nadal suma xa 19 Grand Slams, situándose a só un de Roger Federer. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/09/2019