CRTVG

Buscar

Nadal, en Vigo: "Se eu gañei 11 Roland Garros, outros tamén poden"

Publicado o 07/02/2019 21:31

Nadal volveu a Vigo, onde gañou en 2002 o torneo do Club de Campo cando só tiña 16 anos. O segundo título da súa espléndida carreira. Así o lembraba: "Eu vivía o día a día. Para min naquel momento era un soño gañar o torneo de Vigo. Persoalmente, nunca pensei moito máis alá. Tentei vivir e competir polo momento e sen perder o obxectivo principal, que é algo que sigo conservando: erguerme cada día e ir adestrarme coa ilusión de mellorar".

Profesional desde 2001 e gañador de 17 torneos de Grand Slam, o manacorí non desbota que alguén supere os seus once títulos de Roland Garros: "Eu teño a teoría de que se eu son unha persoa totalmente normal, se eu o fixen, virá outro e farao. Sería bo".

Os 36 anos de Nadal e os 37 de Federer vaticinan o inminente final dunha era: "Un non pode predicir cando chegará ao final, e, no meu caso, tampouco o temo. Son e fun moi feliz xogando ao tenis, pero creo que tamén son e podo ser moi feliz sen xogar ao tenis profesionalmente".

Tras perder a final de Australia, Nadal anunciou en Vigo que volverá ás pistas a finais deste mes en Acapulco.

Noticias web

07/02/2019