CRTVG

Buscar

Nadal, eliminado en Roma tras perder con Theim

Publicado o 19/05/2017 20:13

O talento e o carácter gañador do xogador número sete do mundo, o austríaco Dominique Thiem, acabaron coa participación de Rafa Nadal no Masters 1.000 de Roma.

Despois de dezasete vitorias consecutivas en terra batida, dúas delas ante Thiem nas finais de Barcelona e Madrid, Nadal sucumbiu ante o gran partido realizado polo xogador austríaco, de só 23 anos.

En categoría feminina, a española Garbiñe Muguruza clasificouse para as semifinais despois de gañar en tres sets á estadounidense Venus Williams.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/05/2017