CRTVG

Buscar

Nadal e Bautista caen nas semifinais de Wimbledon

Publicado o 13/07/2019 16:42

Entre os dous suman case corenta títulos gran slam, son os máis laureados do mundo da raqueta, pero é indiscutible que cada un na súa superficie. E se Nadal se move coma ningún outro sobre a terra batida, Federer é sen dúbida o mellor sobre o tapete verde. A herba é o seu ecosistema natural. E así gañou o primeiro set, aínda que sufrindo no tie-break. Cedeulle o segundo ao mallorquino, quen se meteu no encontro cos bos golpes dende o fondo da pista. Houbo certa emoción no cuarto set ata que un erro non forzado de Nadal, privouno da que puido ser a súa sexta final en Londres.

Nunca ata agora houbera dous semifinalistas españois en Wimbledom. Por iso soa a certo fracaso que ningún dos membros da Armada estea na final. Aínda que no caso de Roberto Bautista, xa considera un éxito caer ás portas do día grande ante o número un do mundo. Djokovic apenas lle deu opción ao castellonense, que gañou o segundo set, pero viuse impotente ante a calidade tenística do serbio que despachou o encontro en menso de tres horas. Para Bautista, que se estreaba na psita central, a derrota non é tan amarga.

Federer e Djokovic disputarán a súa terceira final en Wimbledom. As dúas anteriores, en 2014 e 2015, caeron do lado do serbio, quen defende o título acadado na edición do ano pasado.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/07/2019