CRTVG

Buscar

Nadal esnaquiza a Djokovic e gaña o seu 13º Roland Garros

Publicado o 11/10/2020 21:54

Rafa Nadal acrecenta a súa lenda. Título número 13 de Roland Garros. Máis fácil do previsto, en a penas 2 horas e 40 minutos.

Porque Nadal saíu agresivo, como poucas veces se viu en terra, xogando dentro de pista e pegando bólas en subida... e topou cun Djokovic pouco disposto ao intercambio. Sirva un dato, no primeiro xogo, Djokovic tentou catro deixadas. O serbio acumulou amais un feixe de erros que contrastou coa seguridade de Nadal, a pesar dos riscos que asumiu.

Nadal pasou coma un furacán polo primeiro set, 6-0. E a Djokovic custoulle 54 minutos gañar un xogo. Foi mediada a segunda manga, que tamén foi pra Nadal por 6 a 2.
No terceiro set, Nadal baixou o nivel e cedeu pista. Aí medrou Djokovic, disputou a manga, pero os seus continuos erros entregáronlle o triunfo a Nadal. 7-5. Con este ace pechou o partido... ao máis puro estilo Federer. Con el iguala, 20 títulos de Gran Slam.

TOTAL Rafa Nadal "Parabéns a Novak por outro gran torneo. Síntoo o de hoxe. En Australia, el machucoume hai un par anos e hoxe tocoume a min. Isto é parte do xogo. Enfrontámonos en moitas ocasións e unhas veces gaña un e outras, o outro. Quero desexarche todo o mellor para o futuro".

Para o futuro, porque o presente quedará como o ano da covid-19, do virus que cambiou o mundo, pero non o vencedor de Roland Garros.


 

Noticias web

11/10/2020