CRTVG

Buscar

Nadal deposita o 12º Roland Garros no seu museo

Publicado o 12/06/2019 19:41

O duodécimo Roland Garros de Rafa Nadal está xa nas instalacións do Museo do tenista en Manacor. O balear deixa aí o preciado trofeo coa intención de compartilo cos seus seguidores, aos que hoxe agradeceu moi especialmente o apoio dos últimos meses.

Nadal ten previsto descansar uns días en Mallorca e a continuación comezar a preparar a súa participación en Wimbledon.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/06/2019