CRTVG

Buscar

Nadal cre que atopar tempo para ser feliz é unha das claves do seu éxito

Publicado o 26/02/2019 20:35

Rafa Nadal debuta mañá no Aberto Mexicano, en Acapulco. Medirase co alemán Zverev. O balear, gañador en 2005 e 2013, retirouse o ano pasado por lesión e agora regresa como favorito tras alcanzar a final do Aberto de Australia. Nadal cre que atopar tempo para ser feliz é unha das claves do seu éxito. Algo que, dixo, intenta transmitir na súa academia. 

Nadal: "Traballamos, intentamos facer as cousas ben, da maneira máis profesional posible. E tamén axudando os nenos a que se divirtan. Un non pode perder de vista que ao final os nenos que veñen son novos e é bo que se divirtan. Eu tiven sempre ese sentimento. O tenis foi moi importante na miña vida pero un non pode estar todo o día pensando en tenis. Ten que estar aberto a divertirse, a practicar outros deportes e a facer as cousas que o fagan feliz".

 

Noticias web

26/02/2019