CRTVG

Buscar

Nadal alcanza a final do Australia Open sen ceder un só set

Publicado o 24/01/2019 17:16


Aínda non cedeu un set no que vai de torneo e non xogaba un partido oficial desde setembro. Quinta final en Melburne para Rafa Nadal, que buscará o seu segundo título. Esta mañá superou con facilidade a Sisipas, que viña de eliminar a Federer e a Roberto Bautista. Nadal deixouno sen opcións. Unha hora e corenta e seis minutos. Tres mangas. Na última un contundente seis-cero que mostra o estado de forma de Nadal.
 

Noticias web

24/01/2019