CRTVG

Buscar

Nacho Vidal, procesado por homicidio imprudente pola morte dun fotógrafo no 'rito do sapo bufo'

Publicado o 17/03/2021 20:35
Nacho Vidal, procesado por homicidio imprudente pola morte dun fotógrafo no 'rito do sapo bufo'

Procesado o actor de porno Nacho Vidal pola morte dun fotógrafo durante a celebración do rito do Sapo Bufo.

A titular do xulgado número 2 de Xátiva, en Valencia, considera que estes feitos poderían ser constitutivos dun delito de homicidio imprudente polos que o actor debe ser xulgado.

Nacho Vidal xa fora detido en xuño do ano pasado pola súa implicación neste suceso ocorrido en xullo de 2019 nunha vivenda da súa propiedade.

Noticias web

17/03/2021