Nacho Salgado, unha aposta de futuro do Frigoríficos do Morrazo
Publicado o 25/08/2021 15:05
E máis presentacións, en balonmán o Frigoríficos do Morrazo presentou a Nacho Salgado.
"Moyano foi un dos factores principais, é o adestrador que me ensinou xogar ao balonmán e a cidade foi outro factor importante porque viven o balonmán con moita emoción", declarou Salgado.
Acaba de chegar a Cangas logo de ser hai tres días medalla de bronce coa selección española xuvenil no Europeo de Croacia.
"Era hora xa de aprender da máxima categoría", concluíu a nova fichaxe.
Central de 18 anos con moita marxe de mellora, sobre todo física. Aposta de futuro do club. A temporada pasada xogou na categoría de prata co Ikasa de Madrid, exequipo do actual adestrador do Frigoríficos do Morrazo.