Nacho Moyano: "Custounos sangue, suor e bágoas chegar ata aquí pero sacaremos forzas para competir"
Publicado o 21/05/2021 21:12

O CangasFrigoríficos do Morrazo xoga unha final pola salvación no Gatañal. En xogo está nada máis e nada menos que a continuidade do club na liga Asobal. Todo pasa por derrotar un rival directo como é Guadalaxara. O partido poderán seguilo en directo, lembren, mañá sábado, desde as 4 e media da tarde, pola G2.