CRTVG

Buscar

Nace Videoxogo.Gal, unha asociación para impulsar o sector en Galicia

Publicado o 08/05/2018 15:24

Galicia como referente do sector do videoxogo. Para conseguilo, un grupo de empresas de referencia no mundo dixital acaba de impulsar VIDEOXOGO.GAL. Unha asociación que quere aproveitar o potencial que ten a nosa comunidade para xerar emprego de calidade. 

O sector do videoxogo está en alza. As empresas implantadas en Galicia están a crear arredor dun cento de postos de traballo, unha cifra que agardan multiplicar por dez nun par de anos. A implantación dunha oferta formativa na universidade a partir do próximo curso vai facilitar a creación dunha bolsa de emprego moi especializada.

"Convertemos o talento en propiedade intelectual. Galicia ten boas infraestruturas de rede e o que necesitamos son facilidades financeiras apara aproveitar ese potencial".
A nova asociación, que nace baixo o nome videoxogo.gal, busca consolidar o crecemento dun sector con moitas outras aplicacións na industria 4.0.

"Hai moitas aplicacións que veñen do mundo do videoxogo. Isto evita ir buscar fóra o que podemos ter aquí". As empresas de videoxogos están a medrar a un ritmo dun 2% anual, pero as estimacións da asociación apuntan moito máis alto. O obxectivo é superar o 20% en dous ou tres anos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/05/2018