Telexornal Serán FDS
Nace Risegal, unha rede para identificar novas ameazas relacionadas coa alimentación
Publicado o 20/01/2018 21:27
Acaba de nacer en Galicia a rede de Seguridade Alimentaria. Unha iniciativa pioneira que vai traballar na identificación de novas ameazas relacionadas coa alimentación. Axudará a garantir a seguridade dos alimentos que se comercializan e se consomen en Galicia.
O control da seguridade en todo o proceso da cadea alimentaria é vital pero poder adiantarse ás circunstancias, e detectar os riscos químicos e microbiolóxicos que poderían ameazala no futuro é determinante para poder prevelos ou minimizalos. Conseguilo será un dos obxectivos da rede multidisciplinar que se acaba de crear en Galicia.
Para conseguilo analizarán factores diversos que poden impulsar a súa aparición como os ambientais ou os socioeconómicos.
O Instituto de Investigación Mariñas e as tres universidades galegas forman parte da Rede de Riscos Emerxentes que conta coa colaboración do Clúster Alimentario de Galicia e a Rede de Vixilancia en Saúde Pública. O resultado dos seus estudos, que poderían ampliarse ao norte de Portugal, serán difundidos mediante diferentes accións divulgativas.