CRTVG

Buscar

Nace Pontefogar en Pontevedra, con propostas innovadoras para a casa

Publicado o 06/12/2018 22:26

En Pontefogar pódense atopar case todos os produtos que precisamos para os nosos fogares. Nesta feira están as últimas novidades en mobiliario, decoración, limpeza, calefacción ou utensilios de cociña. Algúns mesmo demostan in situ os seus beneficios. E é que fogar e saúde son conceptos que se unen incluso ao mercar o que só aparenta ser unha batería de cociña.

A alimentación ocupa un importante espazo nesta feira. Aquí pódense coñecer novos produtos e elaboracións grazas a presenza de expositores de fóra de Galicia.

Novidades e importantes descontos se deciden mercar nunha feira onde tamén e posible ser solidario ou gozar dos espazos para a restauracion e o lecer en familia. Unha opción para esta ponte festiva, porque non pechará as súas portas ata o domingo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/12/2018