CRTVG

Buscar

Nace na Coruña o Festival Follow#20 de deseño galego

Publicado o 11/11/2020 22:07

Este ano o deseño galego crea a edición cero. Cero porque o coronavirus fixo que Follow20 sexa virtual, aínda que con presenza no centro da Coruña para agromar pensando no próximo ano.

E ata entón, este escaparate en liña e na rúa mostra o traballo de trinta deseñadores. Os máis deles son galegos, os que non levan tempo traballando aquí. É o caso do deseñador veneciano Marco Oggian, quen ademais de deseñar a imaxe do festival puidemos velo en acción nunha intervención de rúa.

Por iso están aquí. Deseño de produto, deseño audiovisual, deseño de marcas, de moda, de son... Deseñan para que se vexa. Nacen para poñerse en valor. Para que se coñeza o alto nivel do deseño galego.

Folow20 é unha oportunidade, ábresenos ata o día 13 na Rede e na cidade da Coruña.



 

Noticias web

11/11/2020