Nace en Castro de Ribeiras de Lea a Escola de Carniceiros de Galicia
Os alumnos da Escola de Carniceiros de Galicia recibirán formación teórica e sobre todo práctica nos obradoiros que o centro inaugurou na localidade luguesa de Castro de Ribeiras de Lea. O obxectivo é adquirir os suficientes coñecementos para poder incorporarse ao mercado laboral nun sector cunha gran demanda de profesionais.
"Os supermercados están na busca de carniceiros, as empresas de despezamento e matadoiros están con necesidade de man de obra", di un dos profesores.
A titulación está homologada pola Xunta e os cursos que se ofrecerán estreitamente vencellados ás ofertas laborais do sector cárnico, desde a almacenaxe, despezamento e preparación da carne aos protocolos sanitarios ou á comercialización dos produtos cárnicos.
TOT. CARLOS CEBRIÁN/DIRECTOR DA ESCOLA DE CARNICEIROS DE GALICIA.
"Tan importante é o corte como a súa colocación á hora da presentación, o fileteado e incluso cando transmitimos ao consumidor final as cualidades das pezas.
A escola intégrase na recentemente creada Fundación Agrolimentaria Galega, que agrupa boa parte das empresas do sector.