CRTVG

Buscar

Nace diariocultural.gal, a información cultural da Radio Galega na Rede

Publicado o 08/11/2018 16:11

Toda a información cultural que se emite na Radio Galega pódese consultar desde hoxe na nova canle dixital diariocultural.gal. Unha plataforma web para que os oíntes poidan acceder a estes contidos especializados no momento e no lugar que decidan.

Ademais dos 'podcast' coas emisións íntegras dos espazos culturais, na nova canle poden atopar reportaxes destacadas e escoitar os consellos das voces expertas.

Se o desexan poden subscribirse a esta canle e recibir nos seus dispositivos electrónicos as alertas con todo o que se move na cultura do país. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/11/2018