CRTVG

Buscar

Nace a Ryder Cup galega

Publicado o 09/04/2017 12:02

Catro dos mellores clubs de golf do noso pais competiron por saber quen era o número un. Esa Era a pretensión do Aeroclub de Santigo. A mesma intención que sacou ao campo os integrantes do club de golf da Coruña. Todo na primeira edición do Desafio Atlantico, co Club de Golf A Toxa tendo da súa parte o campo e moral.

Tamén o aeroclub de Vigo intentou ser o club lider do golf galego. Para saber quen ocupaba o trono, houbo que agardar ata o último golpe, do ultimo burato. 

Na primeira xornada, cada club puxo en acción oito xogadores disputanto unha volta a 18 buratos.Computaban para a clasificación final as seis mellores tarxetas. Con esa intención sairon ao ao campo 31 homes e unha soa muller.

Xa desde o primeiro día, malia facer algo de frio, notouse que o formato e o torneo ía era especial e ia camiño de ser un éxito.

Conforme devalaba a xornada,  cos golfistas negociando os buratos, o Desafío Atlántico ía aumentando a tensión por saber que dous clubs ían xogar a choque estelar do torneo.

No reconto final da primeira xornada, quedou claro o carácter competitivo. Aos dous clubs eliminados non lle gustou ten que afrontar ao día seguinte a confrontación polo terceiro e cuarto posto.

Con 12 golpes de vantaxe, o  Club de de Golf a Toxa clasficouse para a final xunto ao mellor do día, o  Aeroclub de Santiago. Nos 18 golpes de diferencia, tivo moito que ver Enrique Rial. Callou unha actuación espectacular, asinando unha tarxeta de menos 2. 

Aeroclub Santiago ou Club de Golf A toxa?... cal sería o campión?. Quen ocuparía a terceira praza,: Aeroclub de Vigo ou Club de Golf da Coruña?. Todo se resolvería ao día seguinte.

Cando sairon ao campo do Club de Golf da Toxa, xa se sabía que o Desafío, esta especie de Ryder Cup galega ía ter continuidade os vindeiros anos. O primeiro triunfo estaba logrado, pero pode haber máis.

O vencedor ía decidirse na modalidade de Match Play, xogo por buratos, non a suma total de golpes, como se compite na Ryder Cup.

Cada club xogaría 6 individuais e un por parellas, cadapartido valería un punto.Con catro habería campión.

Identico sistema para saber quen ía ser o terceiro endisputa, ben o Aeroclub de Vigo, ben o Club de Golf da Coruña.

No choque estelar e conforme ía rematando os primeiros partidos, o equilibrio era tal que a emoción non deixou de engordar, tanto que non se soubo o desenlace ata o derradeiro golpe.

Con 3-3 no marcador, dous golfistas, Yago Lorenzo do aeroclub santiagués e Joaquín Calatayud do Club de Golf da Toxa ían determinar a identidade do club gañador.

Canto o terceiro lugar no podio, a armada coruñesa foi impoñendose ata vencer os representantes do aeroclub vigués por 2 puntos de diferencia.

 

No choque estelar, toque quedaba pendente do que ía ocurrir no burato 18.

O Santiagués Yago Lorenzo tiña unha lixeira vantaxe sobre Joaquin Calatayud. De gañar o representante do Club de Golf da Toxa igualaría tamen este partido.

Asi a incerteza do desenlace concentrou a atención, tamén entre  os rapaces da canteira convidados a seguir a o torneo a pe de campo.

A cada golpe de Joaquín Calatayud respondeu Yago Lorenzo aguantando a presión de lograr o punto definitivo.

E todo quedou para o último golpe.. Foi o momento onde o defensor do club de golf da Toxa puxo toda a súa intención para equilibrar o partido.

Quedaba só que os nervios de Yago Lorenzo non lle fixeran unha mala pasada. Un golpe que pousara a bola moi arredada poderia propiciar a igualada. 

Cando a pelota se detivo, todo o Aeroclub de Santiago aló presente foi a agradecerlle ao seu xogador a consecución do punto definitivo.

Así rematou a competición, este desafío atlántico que serviu para escanear a saúde deste deporte en Galicia.

Coa entrega de premios baixou o pano este Match Desafio Atlantico, primeiro dunha saga que promete ser tan longa, como exitosa.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/04/2017