CRTVG

Buscar

Nace a primeira unidade de drons para a busca de persoas

Publicado o 14/01/2020 19:48

Créase a primeira unidade de Protección Civil de Galicia especializada na busca e no rescate de persoas a través de drons.

A unidade está en Maceda e responde a calquera alerta que xurda, a través do 112, en coordinación cos distintos servizos de emerxencias. Consta de tres pilotos e dous drons coas últimas novidades. Posúen cámara térmica e un zoom potente para poder localizar e rescatar as persoas no menor tempo posible.

Trátase da primeira unidade que funcionaría na Península Ibérica, só hai unha destas características adscrita a Protección Civil nas Canarias.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/01/2020