CRTVG

Buscar

Nace a asociación patronal CONPYMES, en defensa dun capitalismo inclusivo

Publicado o 21/05/2021 14:53

A nova organización empresarial, CONPYMES, quere avanzar dende o modelo de capitalismo clásico, que ven esgotado, a un máis inclusivo, con máis oportunidades para as pequenas empresas.

Deulles a benvida a ministra de Traballo, para aportar nas transformacións que debe acometer España. Tamén participou no acto Begoña Gómez, muller de Pedro Sánchez, como directora de cátedra de Transformación Social da Complutense.

Ante a aparición desta nova patronal, a CEOE reinvindícase como órgano de representación de todas as empresas, as pequenas e as grandes, e lembran que aglutinan máis de 4.000 organizacións.

Noticias web

21/05/2021