CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Nace a Obra Social Pediatría que aposta pola investigación para mellorar a atención dos pacientes pediátricos

Publicado o 13/06/2018 21:19


Clínicos e investigadores do servizo de Pediatría do CHUS presentaron hoxe a Obra Social Pediatría. Esta entidade busca, a través da investigación, anticiparse ás necesidades dos pacientes e ser capaz de cubrilas.

Trátase dunha entidade que busca contribuir ao avance a través da investigación na saúde dos pacientes pediátricos. O seu principal obxectivo é conseguir acercar a investigación de vangarda ó paciente, nun servizo que conxuge a mellor atención sanitaria cos valores da humanización.

As contribucións da Obra Social destinaránse a investigación en Pediatría, a atención hospitalaria, rehabilitación, promoción e difusión da educación; asi como tamén á innovación da súa asistencia. Este traballo realizarase de maneira colaborativa entre axentes públicos e privados.

Xa está aberta a primeira campaña de donacións, orientada a reforzar as liñas de investigación sobre enfermidades infecciosas, raras e oncoloxía. Todos poden participar na campaña con só enviar un SMS.

Telexornal Serán

13/06/2018