CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Nace a marca Fest Galicia para promover a nosa comunidade como destino musical

Publicado o 13/06/2018 15:28

Nace a marca Fest Galicia, para promover a nosa comunidade como destino musical de calidade. Trátase dunha iniciativa de apoio aos festivais de verán que bota a andar con 10 eventos adheridos xa a este proxecto.

Fest Galicia nace como unha marca de apoio que aglutina os festivais de verán con máis sona da nosa comunidade. O que se busca con esta iniciativa é promocionar a nosa comunidade como destino musical

Entre outras accións, a través desta marca, vaise desenvolver un selo de calidade para aqueles eventos que traballen de maneira profesional e un manual de boas prácticas contra a violencia sexual nos festivais

A través de Fest Galicia preténdese sumar novas estratexias e accións que reforcen a nosa comunidade como destino musical de calidade.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí