Nace a Fundación Arume para a recuperación do piñeiro
Máis de 50 entidades de toda a cadea de valor da madeira presentaron en Boqueixón a Fundación Arume. Nace para promover a recuperación do piñeiro. De feito, quere rexistrar a marca Pino de Galicia, avalada por unhas esixencias de calidade, para darlle unha maior visibilidade internacional.
Propietarios forestais, viveiristas, empresas de servizos, industria da madeira e o colectivo dos arquitectos forman parte da Fundación Arume. Únense para intentar asentar a bioeconomía forestal en Galicia. Apostan por un modelo sustentable a prol da recuperación do piñeiro.
José Carballo- Presidente da Fundación Arume: "Equiparar Galicia á corrente internacional da bioeconomía. Producir bens e servizos con materias sustentables"
É un material cada vez máis demandado na contrución e, salientan, con moito valor ambiental.
María Sánchez- Arquitecta. "Aos arquitectos que deseñamos edificios en alturas e demais gustaríanos poder utilizar madeira local, de aquí, quilómetro cero"
Ana Busto- Serrerías Rodríguez: "Queremos entrar en novos nichos de mercado, na construción sostible e a bioeconomía, e facer máis atractivo o sector para reter o talento"
Pensan que a promoción do piñeiro precisa dun maior investimento na mellora xenética que acurte os tempos de rotación.
Francisco Dans- Vicepresidente da Fundación Arume: "Os períodos de rotación entre que plantamos e cortamos unha árbore eran de 30 ou 35 anos e o obxectivo desta fundación son 20"
Piden mellorar a formación neste sector e propoñen rexistrar a marca Pino de Galicia que avale as esixencias de calidade.