O pacto europeo centra a última sesión de control ao Goberno
Publicado o 22/07/2020 14:35
Última sesión de control ao Goberno antes do parón vacacional. O presidente do Goberno volveu felicitarse polo acordo de Bruxelas e acusou o PP de non achegar nada. Casado ve no acordo un rescate con condicións. E dille a Sánchez que agora terá que elixir: os seus socios ou Europa.
Tamén se falou da situación sanitaria. Illa informou de 23 brotes novos nos últimos dous días. O PP acusouno de estar repetindo os erros dos meses máis duros da pandemia.
Despois do debate, votáronse as conclusións da comisión para a reconstrución. O Pleno rexeitou as medidas sociais e sairon adiante as outras tres: as económicas, que salvou Ciudadanos. E as sanitarias e as relativas á Unión Europea, quedaron aprobadas co apoio do PP.