CRTVG

Buscar

Na súa rolda de contactos, Pablo Iglesias reúnese mañá con Urkullu e falará con Puigdemont

Publicado o 21/10/2018 15:17

O líder de Podemos, Pablo Iglesias, continuará a rolda de contactos que iniciou este venres coa visita a Oriol Junqueras no cárcere de Lledoners, onde o ex-vicepresidente da Generalitat está en prisión provisional.

Iglesias intentou gañar o apoio de Esquerra para o pacto de orzamentos previamente asinado por Podemos co goberno de Pedro Sánchez. O líder morado amosou a súa comprensión ante os xestos cos políticos presos ou no exilio que os indepedentistas poñen como condición. Ao encontro con Junqueras seguirao outro mañá mesmo co lehendakari, Íñigo Urkullu. Tamén nas horas vindeiras, Iglesias chamará a Waterllo para falar con Carles Puigdemont.


 

Noticias web

21/10/2018