CRTVG

Buscar

Na residencia de maiores de Esgos non hai positivos en coronavirus

Publicado o 17/04/2020 14:00

Así de contentos están estes maiores. E non é para menos. O coronavirus estalles xogando unha mala pasada, pero hai quen resiste, e con nota. Polo momento, aquí na residencia da terceira idade de Esgos a primeira batalla está gañada, e iso que os nervios estaban a flor de pel pendentes dos resultados.

A noticia non puido ser mellor. Usuarios e traballadores, todos están libres de coronavirus.
Así o quixeron amosar a través das redes sociais. Un emotivo vídeo que tamén serve para tranquilizar as familias destes maiores e darlles algo de alento neses duros tempos. as colas estan metidas dentro do caso de duas veces.

Boas novas tamén para os veciños da Rúa, na comarca de Valdeorras. As residencias de maiores dos Pinos e a da Nosa Señora de Fátima tampouco rexistran a día de hoxe casos positivos de coronavirus.

Noticias web

17/04/2020