CRTVG

Buscar

Na reportaxe 'Cando fomos os mellores' lembraremos a liga que gañou o Deportivo hai 20 anos

Publicado o 18/05/2020 15:29

Lendoiro: "Os Rólex están de camiño"

Hai misterios que décadas despois seguen sen resolverse. Cantaban no 1995 logo de gañar a Copa do Rei... cinco anos despois, co Deportivo campión de liga... 20 anos despois, quedamos con Lendoiro e preguntámoslle: Lendoiro, onde están os Rólex prometidos?

"Están de camiño", Augusto César Lendoiro, ex-presidente do R. C. Deportivo

20 anos despois daquela imaxe de María Pita, daquel partido que comezaba, ou daquela chegada do equipo a Riazor, confesa Lendoiro que antes de todo iso había medo. Si, moito medo.

Medo que rematou nunha das grandes fazaña do fútbol español. Sostén Lendoiro que hoxe, 20 anos despois, é moito máis doado que os clubs discutan no campo o poderío do Barcelona e o Real Madrid.

Mañá fai 20 anos daquela noite de celebracións en que Lendoiro foi manteado.

Noticias web

18/05/2020