CRTVG

Buscar

A próxima semana administraranse máis de 39.000 vacinas na área sanitaria de Santiago

Publicado o 29/05/2021 20:50

O domingo será a quenda dunhas mil persoas pertencentes a colectivos esenciais, menores de 60 anos que terán que escoller entre AstraZeneca ou Pfizer para completar a pauta de vacinación. Será no hospital Clínico de Santiago.

Este sábado estaban convocadas unhas 5.000 no Gaiás. Están no grupo de idade de entre 50 e 59 anos.
"Pola xente do meu ámbito dicía que xa me tiña que tocar, a case todos da miña idade lles estaba a chegar a mensaxe. Non estaba moi pendente pero si ilusionada".

Recibiron a primeira dose da vacina de Moderna, a segunda administraráselles en 28 días.
Loli pasou hai pouco o coronavirus, só recibirá unha dose.
"Xa pasei a covid no mes de febreiro e supostamente xa xeras anticorpos e eles dinche que cunha soa dose, neste caso Moderna, estarías cuberto"

O avance da vacinación nótase. A gran maioría deles teñen xa varios membros do seu círculo familiar vacinados.
"Estamos a medias, ao meu home fáltalle a segunda dose, a miña sogra está vacinada, e os máis novos aínda non, claro"
"A miña muller tamén está e meus pais, todos"

Xa na primeira semana de xuño administraranse na área sanitaria de Santiago-Barbanza máis de 39.000 vacinas. Delas, unhas 32.500 na Cidade da Cultura, 5.400 no hospital da Barbanza e 1.200 no hospital Clínico e no de Conxo.

Noticias web

29/05/2021