O sol e os 20 graos animaron os veciños das Rías Baixas a pasear nas praias
Son imaxes desta tarde na praia de Samil e non, non estamos en pleno verán. Pero este sábado o sol e os termómetros, que rozaron os vinte graos nas Rías Baixas, tiveron este agasallo para todas as persoas que neste tempo de pandemia, quixeron darse un respiro.
Moita xente no paseo pero tamén na praia. Coa hostalaría pechada e coas restricións de movemento na área de Vigo, moitas persoas atoparon aquí o seu momento de relax.
Xogos na praia, tamén algún que outro baño e vistas espectaculares que había que inmortalizar.
Sobraba a roupa pero non a máscara que nesta xornada pasou a un segundo plano porque o protagonista hoxe foi o sol.
Unha responsabilidade individual e colectiva que se leva moito mellor en días solleiros coma este que sempre nos deixan bo sabor de boca.