CRTVG

Buscar

Na Pobra intúen un endurecemento das restricións tras o incremento de casos

Publicado o 20/05/2021 14:22

Tan só 20 días despois se saír do nivel máximo de restricións para situarse no nivel baixo, o incremento rexistrado no número de positivos preocupa e ten xa cansos os veciños da Pobra. Din non saber nin como, nin onde puideron xurdir os novos contaxios, 3 deles no sector da hostalería, que onte mesmo se sometía a un cribado.

Á espera dos resultados do cribado, os 28 positivos contabilizados a 14 días sitúan o concello nunha incidencia acumulada de 300 casos por 100.000 habitantes e ás portas de que o comité clínico poida endurecer as medidas. Endurecemento que afecta de novo a hostalería. Aseguran que é preferible pechar agora e salvar o verán.

 

Noticias web

20/05/2021