CRTVG

Buscar

Na piscifactoría de salmóns de Carballedo, Cotobade, teñen que seguir atendendo os animais

Publicado o 27/03/2020 16:47

Víctor Rial é o capataz da piscifactoría de Carballedo, en Cotobade, onde se dedican á reprodución e cría dos salmóns que despois se se soltan nos ríos da provincia de Pontevedra.

Aquí o teletraballo non é alternativa.

Agora mesmo é dos momentos do ano en que máis atención require a estación porque é cando eclosionan os ovos e nacen as crías, unha fase delicada da cría.

O traballo aténdese pero, coma en todas partes, tamén aquí se adoptaron medidas de prevención.

Na mesma situación que aquí poden estar no IEO, no Instituto de Investigacións Mariñas, no Igafa..., en todas as institucións que traballan con animais vivos aínda que non sexa para a súa explotación comercial.

 

 

Noticias web

27/03/2020