CRTVG

Buscar

Na parroquia luguesa de San Froilán adáptanse á situación de alarma

Publicado o 24/03/2020 21:56

Na igrexa da parroquia de San Froilán, no centro de lugo, abren as portas varias veces ao día, pero non para que pase a xente, senón polo seu posible valor simbólico.

O culto, aquí coma noutras paroquias da diocese, celébrase sobre todo a través da televisión, a radio e Internet.

Pero iso non suprime totalmente o contacto directo cos fieis que se seguen relacionando a través dunha rede telefónica.

Ir ás casas confesar ou dar a extrema unción, só en casos excepcionais.

E Cáritas segue a traballar.

As campás de San Froilán soan todos os días ás oito tomando parte da homenaxe ao persoal sanitario.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/03/2020