CRTVG

Buscar

Na pandemia aumentou o consumo de produtos do mar

Publicado o 14/07/2021 21:12

É un feito que a pandemia mudou os hábitos dos cidadáns. O consumidor cada vez preocúpase mais pola súa saúde, pola súa seguridade e por comer ben. Os confinamentos, o teletraballo e as restricións na hostalería fixeron mais fogareña a poboación, que redescubriu as bondades dos produtos do mar. Segundo Rosa Quintana, Conselleira do Mar, salienta que "o ano 2020, que foi moi tráxico para moitísimas empresas, as do sector mar-industria foron as que aguantaron mellor o envite".

Segundo a patronal ACOC, que agrupa as empresas de gran consumo, os produtos do mar foron os grandes beneficiados de que a xente volvera comer nas súas casas. O ano pasado cada español consumiu de media 10 coma 4 quilos de peixe e marisco, case un 3% mais ca o ano anterior. O gran reto é introducir o peixe nos fogares con nenos. Segundo os estudos, os fogares con xubilados consomen 43 quilos de peixe ao ano, fronte aos 12 quilos das familias con cativos.

Onde se notou un cambio total de tendencia foi na forma de mercar produtos do mar. Nos supermercados medrou un 50%, un 24% nas tendas tradicionais, pero foron as vendas online as que se dispararon, cun crecemento dun 94%.  O sector pensa que a confianza nos produtos do mar, tanto frescos como conxelados, estabilice esa tendencia ascendente.


 

Noticias web

14/07/2021