CRTVG

Buscar

Na India asasinan unha vítima dunha violación cando ía declarar

Publicado o 07/12/2019 20:46

Da páxina internacional tamén destacamos o asasinato na India dunha muller que fora vítima dunha violación. Matárona cando ía declarar contra o seu agresor. A falecida, de 23 anos, morreu despois de que un grupo de homes lle prendera lume cando ía comparecer ante un tribunal para declarar sobre a violación que sufriu hai un ano. Entre os asasinos, segundo varias fontes, estaba o presunto violador.

 

Noticias web

07/12/2019