CRTVG

Buscar

Na fin de semana comeza o horario de verán

Publicado o 26/03/2021 14:23

Lembren. Na madrugada deste sábado para o domingo, as dúas da mañá pasarán a ser as tres. É o cambio de hora de primavera que, segundo os especialistas, é necesario para axeitar o ritmo de vida coa orientación do planeta cara ao sol. A diferenza de horas de luz solar, 15 no verán e 9 no inverno, fai que sexa preciso o axuste para evitar un desfasamento de consecuencias negativas.

Un dos mitos que se aparellan ao cambio de hora é o da alteración do sono. Entre a cidadanía hai todo tipo de opinións e mesmo indiferenza co cambio horario. En poucos días, o debate sobre o cambio de hora volverá quedar aparcado ata o 23 de outubro, cando se incorpore o horario de inverno. 

Noticias web

26/03/2021