CRTVG

Buscar

Na festa do bonito de Burela preparan 3.300 quilos con diversas receitas

Publicado o 03/08/2019 21:46

Burela réndese ao bonito. A localidade mariñá celebra a trixésimo quinta edición dunha festa que este ano estrea a declaración de interese turístico nacional. Está previsto preparar 3.300 quilos en toda a fin de semana. 

Á grella, cocido, en empanada, e tamén en salpicón. Burela, coa súa festa do bonito, convértese no lugar ideal para degustar un produto que identifica á zona e que destaca pola súa calidade.

Os fogón comezaron traballar ben cedo porque en total nesta festa prepáranse 3.300 quilos de atún.

Desde media mañá os asistentes xa formaban longas ringleiras para facerse coa ración de bonito, a un prezo de oito euros. Houbo que agardar á recepción das autoridades para comezar o reparto.

A mellora constante do evento supúxolles nesta trinta e cinco edición o recoñecemento de festa de interese turístico nacional.

Noticias web

03/08/2019