CRTVG

Buscar

"Na estrada, cervexa sen", lema da DXT para a súa campaña de verán

Publicado o 18/06/2019 16:20

Volve un clásico do verán, a campaña promovida pola Dirección Xeral de Tráfico sobre alcol e condución. Este ano co lema: "Na estrada, cervexa sen". Unha mensaxe para concienciar sobre a incompatibilidade do volante e do alcol. É que o 24% dos falecidos o ano pasado en accidente de tráfico consumira alcol.

Son xa máis de trinta anos de campañas tentando concienciar sobre a incompatibilidade do alcol e o volante. Pero parece que aínda hai que insistir.

E o 32 por cento dos falecidos en accidentes de tráfico en cidades tamén tiñan taxas altas de alcol no sangue. 71.000 condutores deron positivo nos controis realizados o ano pasado pola Garda Civil. Está claro que queda moito por concienciar.

Noticias web

18/06/2019