CRTVG

Buscar

Na Coruña piden axuda para o medigo da rúa da Torre

Publicado o 28/07/2020 14:06

En condicións insalubres. Así din os veciños e comerciantes da rúa da Torre, próxima á praza de España, que vive este mendigo desde hai un par de anos que se instalou no baixo dun edificio abandonado.

"Amais diso é que anda espido e por aquí pasan moitos nenos pequenos...", di unha veciña.

Contan que o home conflitivo non é, pero quen intentou axudalo recibiu malas contestacións. Amais, séntense intranquilos porque xa provocou incendios en varias ocasións.

Por todo isto, piden solucións de xeito urxente.

Noticias web

28/07/2020