CRTVG

Buscar

Na cociña do hospital de Ourense reparten un xantar a base de produtos galegos

Publicado o 06/05/2020 16:14

Hoxe na cociña do hospital de Ourense fixeron un menú especial. Repartiron un xantar a base de produtos galegos, tanto para os pacientes que se están a recuperar do coronavirus como polas demais plantas do hospital. Tiña tenreira galega, porco celta ou rodaballo. E de sobremesa, mel e queixo.

Os produtos foron unha doazón da Consellería do Medio Rural. Mercounos a través da súa rede Mercaproximidade, creada para axudar os agricultores e gandeiros afectados polo peche da hostalería e da restauración.

Desde a posta en marcha desta nova fórmula de venda hai 20 días, xa se adheriron arredor de 400 industrias transformadoras e produtores para darlles saída aos seus produtos.

Noticias web

06/05/2020