Na cidade de Lugo queren chegar aos 100.000 habitantes
Lugo é a cuarta cidade galega con máis poboación. Conseguiuno no 2007 tras adiantarlle a Santiago e agora ten un novo reto, chegar aos 100.000 habitantes. Estímase que faltan pouco máis de 600 empadroamentos, pero un saldo vexetativo negativo e a chamada poboación na sombra, formada por estudantes universitarios e traballadores temporais, dificultan o reto.
O medo ao papelame ou a baixa fiscalidade dos concellos máis pequenos fai que moitos sigan empadroados na súa vila natal, pero tamén atopamos veciños que axudan a seguir sumando.
Canta máis poboación máis diñeiro achega o Estado e o municipio gaña tamén en investimentos e recadación de impostos por iso dende o Concello queren promover unha campaña a prol dos 100.000 habitantes.
Entre a poboación actual un 8% son extranxeiros e na cidade conviven 111 nacionalidades.