CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Na Arxentina ponse en marcha unha reforma tributaria centrada nunha baixada gradual de impostos

Publicado o 10/11/2017 21:22


Na Arxentina ponse en marcha unha reforma tributaria centrada nunha baixada gradual de impostos. O Goberno de Mauricio Macri pretende modernizar o sistema tributario para facer máis competitivo o país e favorecer a creación de emprego.



Impulsado polo forte respaldo nas urnas, Mauricio Macri presentou a axenda de reformas que quere levar adiante nos vindeiros meses para lograr esa nova Arxentina que promulga. Medidas que teñen como eixe principal a baixada de impostos, sen perder de vista o equilibrio fiscal. Agora deberá buscar apoios nun Congreso no que non ten maioría para levalas adiante.

Ante referentes dos tres poderes do Estado, Mauricio Macri presentou unha axenda de reformas coas que baixar os impostos un 1,5 % do PIB en cinco anos, correxir o enorme fraude fiscal e lograr o equilibrio das contas estatais, cun déficit que se disparou nos derradeiros anos do kirchnerismo.

"As reformas nas que temos que avanzar esixen que cada un teña que ceder un pouco, empezando polos que teñen máis privilexios, porque no camiño do gradualismo hai quenes non poden agardar".

O mandatario arxentino convidou a líderes políticos e económico a lograr consensos básicos para que baixen os índices de pobreza, aumente a competitividade do país e se xeren novos postos de traballo.
Agora ábrese unha etapa de negociacións coa oposición e con organismos sectoriais que poñerán a proba a fortaleza política do oficialismo nun Congreso dos Deputados no que non ten maioría.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

10/11/2017