CRTVG

Buscar

Na Arxentina, os nenos pequenos poden saír acompañados dun adulto

Publicado o 26/04/2020 09:57

O presidente arxentino, Alberto Fernández, anunciou máis flexibilidade na corentena obrigatoria para o coronavirus nas cidades con menos de medio millón de habitantes, onde se poderá saír da casa durante unha hora ao día ata 500 metros de distancia para todos, incluídos os cativos.
Esta medida deberá ser aprobada polos gobernos provinciais e, no caso de que se desborden ou se incumpran as normas, volverase ás condicións do período previo da corentena administrativa, vixente nas grandes cidades.
 

Noticias web

26/04/2020