CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Serán

Na Arxentina, o Centro Galego de Bos Aires fai 110 anos de vida cunha semana de festexos

Publicado o 05/05/2017 20:52


E na Arxentina, o Centro Galego de Bos Aires fai 110 anos de vida cunha semana de festexos e o anuncio por parte das súas autoridades da cancelación da débeda salarial pendente cos traballadores.



"Bos Aires está de festa.
O seu Centro Galego, unha das entidades máis importantes da diáspora galega, berce de intelectuais e epicentro da difusión da nosa cultura na Arxentina durante décadas, acaba de facer 110 anos de vida e para celebralo os porteños poden gozar dunha ampla axenda cultural."

Unha mostra fotográfica repasa os fefitos fundamentais na historia do Centro Galego de Bos Aires, que acaba de inaugurar un espazo dedicado ao socio.
E nada mellor para festexar 110 primaveras que honrar coa medalla da institución 43 traballadores que con 25 anos de servizo nesta casa axudaron a logralo.

"Sen ser galega comprendín o que é atendendo os avós. Que estean nun lugar onde poden recordar a súa terra, de pertencer a un lugar e atoparse cos seus pares".

"Para min é un recoñecemento non a min, senón a toda a xente que decidiu envellecer comigo, porque eu dirixo o coro, nesta actividade que tanto amamos".

Un acto en que as autoridades anunciaron a cancelación total da débeda salarial pendente, co que o Centro Galego, intervido xudicialmente dende o 2013, está máis preto de pechar un dos capítulos máis tristes da súa historia.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí