CRTVG

Buscar

Bos días

Na Arxentina detiveron o coñecido empresario Lázaro Báez, moi próximo á familia ex-presidencial Kirchner

Publicado o 06/04/2016 09:46

E na Arxentina detiveron o coñecido empresario Lázaro Báez, moi próximo á familia ex-presidencial Kirchner. Foi no marco dunha causa que investiga unha suposta trama de lavado de diñeiro e a súa posterior desviación a sociedades inscritas en Panamá.

O empresario arxentino Lázaro Báez, estreito colaborador e principal adxudicatario de obras públicas no sur do país durante o Goberno do falecido ex-presidente Néstor Kirchner, foi detido nada máis aterrar nun aeroporto de Bos Aires no marco dunha causa que investiga unha presunta rede de lavado de diñeiro e o seu posterior traslado a paraísos fiscais.

A lebre saltou con estas imaxes publicadas recentemente e nas que o fillo de Báez conta unha importante suma de diñeiro -5.000.100 dólares- que traslada de xeito sospeitoso nun edificio coñecido como La Rosadita, onde ten dous inmobles a ex-mandataria Cristina Fernández.
É a coñecida como ruta do diñeiro K.

O xuíz ordenou a detención por considerar que existe risco real de fuga cando falta apenas un día para que Báez e o seu fillo declaren nunha causa da que considera que ten evidencias da ilicitude da orixe dos fondos involucrados nas imaxes.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

06/04/2016