CRTVG

Buscar

As eleccións primarias en Arxentina definirán os candidatos á presidencia

Publicado o 11/08/2019 22:00

Dende primeira hora da mañá millóns de arxentinos desprazáronse a colexios coma este no que nos atopamos para depositar o seu voto e comezar a definir unhas eleccións primarias das que sarian os candidatos que se presentarán á carreira presidencial nos comicios do vindeiro outubro.
Conseguir o 1.5% dos votos, esa e a primeira barreira que deberàn superar os candidatos para chegar á rolda definitiva destas elecciòns, un obxetivo que parece máis sinxelo para os favoritos principais, coma o presidente Mauricio Macri

MAURICIO MACRI- Presidente da Arxentina"Todo ha arrancado muy bien como hace varias elecciones sucede, gente esta concurriendo a votar, todas las mesas estàn abiertas, ha quedado buen tiempo en casi todo el paìs asi que va a ser un dìa nuevamente de fiesta para la democracia".

O presidente acudiu a votar nun dos barrios máis céntricos de Bos Aires e logo dirixiuse á prensa para lanzar unha mensaxe optimista

MAURICIO MACRI- Presidente da Arxentina
"Nosotros creemos en continuar estas reformas, este trabajo, este cambio profundo que está viviendo Argentina y otros que quieren otras cosas"

Nas vindeiras horas comezaranse a coñecer os resultados duns comicios que segundo as enquisas se presentan como uns dos máis competidos da historia democrática da Arxentina.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/08/2019